O Celta remontou ante a Real Sociedade (2-3), cun gol de Hernández no minuto 89. Os celestes son terceiros na clasificación, só por detrás de Real Madrid e Barcelona.
Fálase
Na Liga Adelante, o Lugo derrotou o Tenerife (2-0) e mantense na zona media-alta da clasificación. Na Segunda B, importante vitoria do líder, o Rácing de Ferrol, no campo do segundo clasificado, o Guijuelo (0-1). Vitorias tamén do Celta B ante o Izarra (5-1) e do Coruxo en Burgos (1-3). O Pontevedra caeu na casa ante o Logroñés (0-1)
O Breogán derrotou con claridade ao Club Baloncesto Ourense no Paco Paz (53-71) no derbi galego da Liga LEB Ouro. Os lucenses son colíderes
Altos cargos do PP, dende os vicepresidentes do partido en Ourense Rosendo Fernández e Jorge Pumar, a deputada no Parlamento galego Jackeline Elizabeth Fernández ou a ex deputada no Congreso Ana Belén Vázquez, apoian en twitter a Manuel Baltar. A campaña de apoio foi iniciada na conta @CreoEnOurense, que xa está a recibir numerosas críticas.
Cuntis celebrou esta mañá o Pleno simbólico de restitución da derradeira corporación republicana da vila e de homenaxe aos veciños e veciñas represaliados pola ditadura franquista, comezando polo alcalde Manuel Rodríguez Sangiao, asasinado en 1936. No acto, que pechou o Mes da Recuperación da Memoria Histórica, interviron familiares e representantes dos grupos políticos da actual corporación, agás do PP, que non asistiu malia estar convidado.
Lugo acollerá o vindeiro 7 de setembro o segundo wikimaratón do Día da Ciencia en Galego, un encontro promovido pola Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo, a Galipedia e Proxéctate en Galego, coa colaboración de Nerd Nite Compostela.
Greenpeace levou ás rúas de 20 cidades de toda España (entre elas, Vigo e Compostela) a campaña na que insta os candidatos á Presidencia do Goberno a respectar o medio ambiente. Cualifica de "desconcertante ou insultante, segundo se mire" o apoio de Rajoy á iniciativa.
O Parlamento europeo aproba, por só catro votos, unha resolución que lle permitiría a Edward Snowden, exiliado en Rusia, pedir asilo na UE. A resolución non é vinculante e, de feito, todos os países da Unión Europea teñen acordos de extradición cos Estados Unidos, que segue reclamando a entrega do whistleblower que destapou en 2013 o escándalo dos programas de espionaee y monitorización masiva da NSA.
O deserto de Atacama, en Chile, o máis seco do mundo, amosa o maior florecemento dos últimos 18 anos
Frankenstein-04155, o documental sobre o accidente do Alvia, recibe unha mención especial na Seminci de Valladolid. O filme, dirixido polo ourensán Aitor Rei, poderá verse en Compostela no marco de Cineuropa.