Frankenstein-04155, o documental sobre o accidente do Alvia, recibe unha mención especial na Seminci de Valladolid. O filme, dirixido polo ourensán Aitor Rei, poderá verse en Compostela no marco de Cineuropa.
Fálase
Carme Adán anuncia que se presentará ás primarias de Iniciativa pola Unión para ser candidata ás eleccións xerais do 20D pola provincia de Pontevedra. Únese a Carlos Callón, que concorrerá ás primarias para a candidatura na provincia da Coruña.
17 concellos, entre eles os da Coruña, Santiago, Ferrol, Oleiros, Lalín, Cambre ou Cangas, asinan un manifesto que demanda "mudanzas de fondo" na FEGAMP e "novas políticas" para un "desenvolvemento económico sostible dende o punto de vista de humano, social e económico".
A produción leiteira en Galicia redúcese ao eu nivel máis baixo na última década. En setembro -o mes no que se levaron a cabo as tractoradas- entregáronse 187 millóns de litros de leite, 30 millóns de litros menos que en agosto.
Un avión ruso con 224 pasaxeiros estrélase en Exipto. Os radares perderon contacto con el pouco despois das sete da mañá.
Tralas xuntanzas mantidas na moncloa con Pablo Iglesias e Albert Rivera, Mariano Rajoy dá por feito un pacto entre PP, PSOE e Ciudadanos "a favor da unidade de España, da soberanía nacional e da igualdade de dereitos de todos". Marca diferenzas con Podemos, que pide un dobre referéndum simultáneo: un de autodeterminación en Catalunya e outro no conxunto de España para reformar a Constitución.
Os votos contrarios de PP e PAR e a abstención de Ciudadanos impiden en Calayatud a retirada de medalla de ouro da cidade a Franco.
Separados do tribunal que xulgará o caso Gürtel os xuíces recusados por proximidade ao PP, Enrique López e Concepción Espegel. Está a contalo eldiario.es
Partido Popular e Converxencia Galega presentarán unha moción de censura no Concello de Oia para substituír á actual alcaldesa Rosa Otero (PSdeG-PSOE).
Declarado de alto risco o encontro dentre o Deportivo e o Atlético de Madrid, que se xoga este venres na Coruña. O encontro, que inicialmente non ía ter esta consideración é o primeiro entre ambos equipos tras o asasinato en Madrid de Jimmy, siareiro deportivista, e chega despois de que as persoas acusadas pola súa morte quedasen en liberdade.