Separados do tribunal que xulgará o caso Gürtel os xuíces recusados por proximidade ao PP, Enrique López e Concepción Espegel. Está a contalo eldiario.es
Fálase
Partido Popular e Converxencia Galega presentarán unha moción de censura no Concello de Oia para substituír á actual alcaldesa Rosa Otero (PSdeG-PSOE).
Declarado de alto risco o encontro dentre o Deportivo e o Atlético de Madrid, que se xoga este venres na Coruña. O encontro, que inicialmente non ía ter esta consideración é o primeiro entre ambos equipos tras o asasinato en Madrid de Jimmy, siareiro deportivista, e chega despois de que as persoas acusadas pola súa morte quedasen en liberdade.
O PPdeG anuncia a presentación nos concellos de mocións "en defensa do Estado das Autonomías fronte ao separatismo". A intención, di o seu voceiro, Miguel Tellado, é que "cada grupo teña a oportunidade de posicionarse, ben cos que defenden a unidade de España, ou ben cos que iniciaron o camiño do separatismo, como son Artur Mas, Oriol Junqueras e o resto de dirixentes da CUP".
As nove persoas detidas este venres en varios puntos de Galicia pertencen á formación política Causa Galiza. Un comunicado do Ministerio do Interior indica que se lles atribúe "diversos actos de enaltecimiento del terrorismo, entre ellos la organización del "Dia da Galiza Combatente".
A segunda análise confirma o diagnóstico negativo para ébola no paciente do que o pasado martes se pensou que podía ter esta enfermidade. Queda desactivado o protocolo preventivo que iniciara o Sergas. O mozo, que continúa ingresado no Meixoeiro de Vigo, ten malaria e xa o pasado mércores comezou a recibir tratamento.
O debuxante Bernardo Vergara ironiza sobre a resposta de Feijóo ao caso Baltar dende o seu cadriño de eldiario.es
O xurado do caso Asunta declara culpables os pais da nena, asasinada en 2013. O veredito sobre a culpabilidade de Rosario Porto e Alfonso Basterra vén de se facer público nos xulgados de Santiago.
O pleno de Ferrol rexeita a moción de Ciudadanos contra a oficialidade do galego. No debate a voceira do partido de Albert Rivera asegurou non ser "sectarista" por defender esta iniciativa. Crónica do pleno en Ferrol 360
O Ministerio do Interior anuncia unha operación "contra o terrorismo" con "diferentes detencións" nas catro provincias galegas. A denominada "Operación Jaro", di o comunicado oficial, diríxese ao "entorno da organización terrorista Resistencia Galega".