O xurado do caso Asunta declara culpables os pais da nena, asasinada en 2013. O veredito sobre a culpabilidade de Rosario Porto e Alfonso Basterra vén de se facer público nos xulgados de Santiago.
Fálase
O pleno de Ferrol rexeita a moción de Ciudadanos contra a oficialidade do galego. No debate a voceira do partido de Albert Rivera asegurou non ser "sectarista" por defender esta iniciativa. Crónica do pleno en Ferrol 360
O Ministerio do Interior anuncia unha operación "contra o terrorismo" con "diferentes detencións" nas catro provincias galegas. A denominada "Operación Jaro", di o comunicado oficial, diríxese ao "entorno da organización terrorista Resistencia Galega".
A Xunta publica a súa declaración contra a independencia de Catalunya en espazos publicitarios de varios diarios impresos deste venres.
Denuncian que grupos de ultradereitistas gregos atacan as embarcacións de refuxiados que tentan chegar á costa, provocando en ocasións o seu afundimento.
As protestas de membros das confrarías de Semana Santa marcaron un longo pleno municipal en Ferrol no que PP e Ciudadanos defenderon en solitario o mantemento da actual subvención de 75 mil euros anuais do Concello. O Goberno municipal (Ferrol en Común e PSdeG) pediu unha maior implicación de Xunta e Deputación e garantiu que o apoio combinado das tres administracións sumará esa cantidade.
A Consellaría de Educación convocará máis de mil prazas para docentes antes das autonómicas de 2016. O número de mestres no ensino público en Galicia experimenta un descenso constante dende o curso 2010-11.
Alfonso Sánchez Izquierdo recoñece no Parlamento un desvío de 1,6 millóns de euros nos pagamentos da CRTVG á Seguridade Social e cualifícao de "cantidade insignificante". AGE e BNG pídenlle que asuma a responsabilidade "por estas actuacións fraudulentas" e dimita. En setembro o persoal da radio e televisión públicas e a CUT denunciaron que a fraude superaba os 4 millóns de euros.
Lanzan Poletika, unha ferramenta creada para fiscalizar as promesas dos partidos políticos ante as eleccións do 20 de decembro, coa participación de entidades sociais e grupos de investigación
Rajoy manterá senllos encontros este venres na Moncloa con Albert Rivera e Pablo Iglesias para tratar o conflito catalán.