A Consellaría de Educación convocará máis de mil prazas para docentes antes das autonómicas de 2016. O número de mestres no ensino público en Galicia experimenta un descenso constante dende o curso 2010-11.
Fálase
Alfonso Sánchez Izquierdo recoñece no Parlamento un desvío de 1,6 millóns de euros nos pagamentos da CRTVG á Seguridade Social e cualifícao de "cantidade insignificante". AGE e BNG pídenlle que asuma a responsabilidade "por estas actuacións fraudulentas" e dimita. En setembro o persoal da radio e televisión públicas e a CUT denunciaron que a fraude superaba os 4 millóns de euros.
Lanzan Poletika, unha ferramenta creada para fiscalizar as promesas dos partidos políticos ante as eleccións do 20 de decembro, coa participación de entidades sociais e grupos de investigación
Rajoy manterá senllos encontros este venres na Moncloa con Albert Rivera e Pablo Iglesias para tratar o conflito catalán.
O Concello de Santiago lanza a campaña Compostela en negro contra a violencia machista no marco dos actos do 25 de novembro. 140 locais comerciais da cidade adheríronse xa á iniciativa, segundo anunciou a Concellaría de Igualdade, que avanza tamén a participación do goberno local na marcha contra as violencias machistas do vindeiro 7 de novembro.
A Xunta aproba unha declaración institucional contra o texto pactado por Junts pel Si e CUP a prol da independencia de Catalunya. Segundo o Goberno galego, o texto catalán é un "desafío" ao Estado das Autonomías e un "intento fraudulento de liquidalo".
Sanidade desactiva o protocolo do ébola tras ficar descartado que o paciente atendido na Coruña e Vigo estivese infectado.
Fundación Civio salienta as principais irregularidades nos procesos de contratación pública analizados polo Tribunal de Contas no seu último informe. O 60% os contratos dos ministerios en 2014 adxudicáronse sen concurso. O artigo forma parte do proxecto ¿Quién cobra la obra?, no que Civio traballa dende o pasado ano, e que se publicará nas vindeiras semanas.
Os grupos da oposición abandonan o pleno da Deputación de Ourense ao negarse Baltar a dar explicacións sobre a denuncia da muller que o acusa de ofrecerlle traballo a cambio de sexo. Máis información, hoxe en Praza.
Detido en Vigo un home cuxa muller foi atopada morta logo de precipitarse desde un terceiro piso. A policía investiga se é un novo caso de violencia de xénero.