Os grupos da oposición abandonan o pleno da Deputación de Ourense ao negarse Baltar a dar explicacións sobre a denuncia da muller que o acusa de ofrecerlle traballo a cambio de sexo. Máis información, hoxe en Praza.
Fálase
Detido en Vigo un home cuxa muller foi atopada morta logo de precipitarse desde un terceiro piso. A policía investiga se é un novo caso de violencia de xénero.
A Unión de Criadores de Toros de Lidia critica o posicionamento do Parlamento europeo, que este mércores votou eliminar os subsidios gandeiros para a tauromaquia, unha iniciativa que aínda debe pasar polo Consello de Ministros de Agricultura da UE. Entre os eurodeputados españois, a esquerda e o nacionalismo votou a favor da retirada dos subsidios, PSOE, Ciudadanos e UPyD dividiron os seus votos e o PP votou en contra.
O podcast Metrópoles delirantes, de Manuel Barreiro e Nieves Rodríguez, recibe o premio Ourense de Banda Deseñada. O Museo Municipal acolleu a entrega dos galardóns con premios tamén para autores e autoras de cómic.
El Diario amosa nun mapa a localización dos cartos que os españois declaran ter no estranxeiro. Suíza e Luxemburgo suman máis dun terzo.
Mariano Rajoy e Pedro Sánchez acordan traballar coordinadamente "en defensa da Constitución, a unidade nacional, a soberanía nacional e a igualdade dos españois". Albert Rivera pasará tamén pola Moncloa nesta rolda de contactos iniciada por Rajoy.
O mozo do que nun principio se sospeitou que estaba infectado polo ébola seguirá illado no Meixoeiro á espera de que unha segunda analítica confirme o resultado negativo para esta enfermidade. Espérase que os datos cheguen o venres.
O Parlamento Europeo aproba reclamar que os fondos da UE non poidan financiar touradas. Cóntao eldiario.es
Compromiso por Galicia convida a unha "xuntanza pública e aberta" a Iniciativa pola Unión, Marea.gal e mais ao BNG, Anova, Podemos, Equo e EU para procurar "un acordo que cristalice nunha verdadeira candidatura de unidade". O secretario xeral do partido, Xoán Bascuas, dirixiuse por carta ás plataformas e formacións. Pódese descargar nesta ligazón.
As Novas Xeracións do PP acusan a Galiza Nova de organizar un concerto "dun grupo proetarra" en Pontevedra. O concerto era do grupo Poetarras, tamén coñecidos no eido das webseries, e que agora ironiza coa posibilidade de compoñer unha canción sobre a acusación dos populares.