O delegado do Goberno central, Samuel Juárez, defende as cargas policiais contra os mariñeiros do cerco e cualifica de "prepotentes" os deputados do BNG que foron zarandeados e increpados polos antidisturbios. Recólleo Galiciaé
Fálase
A Xunta suma a conselleira do Mar á xuntanza de Alfonso Rueda cos mariñeiros do cerco. Os traballadores rexeitaran a Quintana despois de cualificalos de "vańdalos".
Esgotadas as prazas do tren galego das Marchas da Dignidade do 22M, que xuntarán en Madrid columnas de manifestantes chegadas de todos os territorios do Estado contra as políticas dos gobernos do PP e da troika.
A Asociación de Actores e Actrices de Galicia homenaxea Xosé Manuel Olveira Pico, falecido o ano pasado, co Premio de Honra Marisa Soto, que será entregado na cerimonia dos María Casares, que se celebrará o 27 de marzo no Teatro Rosalía de Castro da Coruña.
A Xunta informa os mariñeiros do cerco a través do voceiro de pesca do PP de que os recibirá o vicepresidente Alfonso Rueda ás 15:30 na Xunta. Toda a información, nuns minutos en Praza.
A Garda Civil destina 14 axentes para peregrinar ao santuario da Virxe de Lourdes e págalles dietas, segundo informa El Diario
Vigo acolleu este martes unha homenaxe poético-musical a Xela Arias, organizada pola AELG, no décimo cabodano da súa morte.
Podemos realizará este xoves o seu primeiro acto público en Compostela. Será ás 19 horas na Facultade de Ciencias da Educación e contará coa presenza de Pablo Iglesias, Tania Amado e Víctor Casas.
As reservas de ouro de Ucraína foron trasladadas o pasado venres aos Estados Unidos, segundo informa o diario ruso Iskra e confirma Goldman Sachs.
Izquierda Abierta impugna a lista europea de IU por "fraude de lei". Defende que se garde espazo a Anova, ICV ou a Chunta, pero non que se impoñan outros postos reservados a "referentes sociais".