Concelleiros das "cidades rebeldes" desenvolven varias mesas de traballo hoxe na Coruña antes do encontro que mañá celebrarán os seus alcaldes en Compostela e na urbe coruñesa.
Fálase
Falece Xosé Neira Vilas aos 87 anos. Máis información, hoxe en Praza.
Baltar comeza o pleno da Deputación de Ourense sen a oposición, ausente tras o bloqueo de acceso a parte do público que quería asistir á sesión. Toda a información, hoxe en Praza.
A Audiencia Nacional arquiva o caso Couso pero podería reabrilo se os militares procesados pisan territorio español. Rexeita unha cuestión de inconstitucionalidade porque o Supremo xa avalou a reforma da xustiza universal.
O PP quere regular cunha nova lei o uso da bandeira e os símbolos nacionais. Pretende endurecer o "mal uso" da simboloxía do Estado, segundo conta El Periódico.
Os papeis da familia de Bárcenas probarían o financiamento ilegal do PP de Pontevedra, segundo conta El Español. O ex tesoureiro anotou tamén entregas de diñeiro negro á man dereita de Rato.
Cavaco Silva advirte a Costa que pode empregar o veto ao novo Goberno. Fíxoo durante a toma de posesión de António Costa, que lembrou que o Parlamento é o seu verdadeiro xuíz e quen lle dá “inteira legitimidade”.
Un milleiro de galegos seguen agardando polas axudas ao aluguer da Xunta, que acumulan seis meses de atraso. O Executivo xa pagou o 56% delas e prevé que a mediados de decembro xa as teñan cobrado todos os demandantes.
O naval agarda un ditame inmimente da UE que evitará devolver o tax lease. O Tribunal de Luxemburgo tería estimado o recurso contra a decisión de Bruxelas que os obrigaba a reintegrar as bonificacións.
Entidades públicas de todo o mundo teñen 8.200 millóns atrapados en Abengoa. Bancos públicos e de fomento do desenvolvemente, axencias estatais de crédito á exportación e institucións multilaterais de medio mundo teñen exposición ao grupo andaluz.