Os papeis da familia de Bárcenas probarían o financiamento ilegal do PP de Pontevedra, segundo conta El Español. O ex tesoureiro anotou tamén entregas de diñeiro negro á man dereita de Rato.
Fálase
Cavaco Silva advirte a Costa que pode empregar o veto ao novo Goberno. Fíxoo durante a toma de posesión de António Costa, que lembrou que o Parlamento é o seu verdadeiro xuíz e quen lle dá “inteira legitimidade”.
Un milleiro de galegos seguen agardando polas axudas ao aluguer da Xunta, que acumulan seis meses de atraso. O Executivo xa pagou o 56% delas e prevé que a mediados de decembro xa as teñan cobrado todos os demandantes.
O naval agarda un ditame inmimente da UE que evitará devolver o tax lease. O Tribunal de Luxemburgo tería estimado o recurso contra a decisión de Bruxelas que os obrigaba a reintegrar as bonificacións.
Entidades públicas de todo o mundo teñen 8.200 millóns atrapados en Abengoa. Bancos públicos e de fomento do desenvolvemente, axencias estatais de crédito á exportación e institucións multilaterais de medio mundo teñen exposición ao grupo andaluz.
En Marea obtería entre 2 e 3 escanos e Nós, entre 1 e ningún, segundo unha enquisa para eldiario.es. Ciudadanos frea o seu ascenso a tres semanas do 20D e o PP mantense como a formación máis votada.
A partir das 22 horas poderá verse na web o primeiro programa de SiberiaTV, espazo satírico que analizará con humor a actualidade social, política e cultural, e que se estrea cunha conversa entre o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, e Rita Maestre, voceira do goberno municipal de Madrid
Ás 20 horas comeza o debate organizado por Twitter entre representantes de PP, PSOE, Podemos, Ciudadanos, IU e UPyD. O #DebateEn140 pódese seguir en directo en streaming
A Marea Granate lanza a iniciativa #Rescatamivoto, que pretende conectar persoas residentes no exterior que perderon o seu dereito ao voto polas trabas do sistema de voto rogado con persoas que si poden votar pero non queren facelo
Os traballadores e traballadoras do Diario de Ferrol convocan dous días de folga o venres 27 e o sábado 28 de novembro polo despedimento de dous xornalistas de Diario de Arousa. Denunciarán tamén os atrasos nos pagamentos das súas nóminas e as súas "precarias condicións" de traballo