Ás 20 horas comeza o debate organizado por Twitter entre representantes de PP, PSOE, Podemos, Ciudadanos, IU e UPyD. O #DebateEn140 pódese seguir en directo en streaming
Fálase
A Marea Granate lanza a iniciativa #Rescatamivoto, que pretende conectar persoas residentes no exterior que perderon o seu dereito ao voto polas trabas do sistema de voto rogado con persoas que si poden votar pero non queren facelo
Os traballadores e traballadoras do Diario de Ferrol convocan dous días de folga o venres 27 e o sábado 28 de novembro polo despedimento de dous xornalistas de Diario de Arousa. Denunciarán tamén os atrasos nos pagamentos das súas nóminas e as súas "precarias condicións" de traballo
A xustiza decreta o peche cautelar de Roja Directa, a web que facilita enlaces para visionar partidos de fútbol online. O seu propietario, Igor Seoane, ten a súa sede en Arteixo.
Xa se pode ver o vídeo da manifestación contra a violencia machista que onte á noite percorreu as rúas de Vigo.
Pablo Iglesias apoiará En Marea cun mitin na Coruña o 16 de decembro. Volverá participar na campaña, como fixera nas municipais para amosar o seu apoio á Marea Atlántica na mesma cidade.
O alcalde de Barreiros dáse de baixa como militante do PP tras abrírselle xuízo por presunta prevaricación urbanística. Alfonso Fuente seguirá na alcaldía.
O xulgado denega a suspensión cautelar da actividade de BlaBlaCar, solicitada por Confebús, mentres resolve a denuncia presentada pola patronal do transporte por estrada contra esta plataforma para compartir gastos no coche.
A Estrela Michelín acadada polo compostelán Casa Marcelo eleva a 13 o número de restaurantes galegos con esta distinción. Compostela acolleu este mércores a gala de entrega dos galardóns
Os alcaldes de Santiago, Lalín e Silleda acordan demandar conxuntamente a rebaixa da peaxe da AP-53, que acada os 5,95 euros. Martiño Noriega, Rafael Cuíña e Manuel Cuíña trasladarán a petición aos plenos como moción, que despois será remitida ao Ministerio de Fomento, e piden implicación da Xunta. A autoestrada é actualmente propiedade dun fondo do goberno de Malaisia.