O alcalde de Barreiros dáse de baixa como militante do PP tras abrírselle xuízo por presunta prevaricación urbanística. Alfonso Fuente seguirá na alcaldía.
Fálase
O xulgado denega a suspensión cautelar da actividade de BlaBlaCar, solicitada por Confebús, mentres resolve a denuncia presentada pola patronal do transporte por estrada contra esta plataforma para compartir gastos no coche.
A Estrela Michelín acadada polo compostelán Casa Marcelo eleva a 13 o número de restaurantes galegos con esta distinción. Compostela acolleu este mércores a gala de entrega dos galardóns
Os alcaldes de Santiago, Lalín e Silleda acordan demandar conxuntamente a rebaixa da peaxe da AP-53, que acada os 5,95 euros. Martiño Noriega, Rafael Cuíña e Manuel Cuíña trasladarán a petición aos plenos como moción, que despois será remitida ao Ministerio de Fomento, e piden implicación da Xunta. A autoestrada é actualmente propiedade dun fondo do goberno de Malaisia.
Junts pel Si ofrece á CUP un Consello da Presidencia colexiado, no que Junqueras, Romeva e Munté tamén terían trato de presidentes xunto a Artur Mas. É a última oferta para evitar unhas novas eleccións.
Aznar insta a Rajoy a actuar contra o xihadismo e pide que non quede "cos brazos cruzados" ante "a ameaza". Rajoy insiste en esperar a que Francia pida axuda e decidir xunto a oposición.
Unha de cada catro vivendas construídas desde 2008 en Galicia continúa sen vender. Son case 30.000 os pisos novo que aínda non atoparon comprador.
Galicia perdeu 8.000 empresas durante a crise. Entre 2009 e 2013, o número de compañías que operaban en Galicia caeu case un 4%, aínda que nunha porcentaxe menor que a do conxunto do Estado.
- Mobilizacións contra a violencia machista percorreron este serán os centros de diversas localidades do país.
No seu segundo aniversario, GCiencia entrevista a Ángel Carracedo, catedrático pola USC e un dos maiores expertos mundiais en xenómica. Carracedo reclama que "a educación necesita unha revolución absoluta" e asegura que non deixaría Galicia "nin por todos os cartos do mundo", aínda que recibe ofertas millonarias