Os socialistas esíxenlle a Feijoo que presente de inmediato medidas concretas para a rexeneración das Fragas do Eume en consenso cos veciños e os concellos afectados. A Executiva do PSdeG-PSOE estivo este sábado en A Capela, onde Francisco Caamaño anunciou que lle realizará unha pregunta parlamentaria a Rajoy sobre esta cuestión.
