Fálase
O comité de Navantia advirte de que o flotel emprega só a 100 persoas fronte ás 3.000 prometidas pola Xunta. Recólleo El País
Povisa despide 12 persoas mentres renova o convenio co Sergas e segue sendo o principal lastre para as listas de espera da sanidade pública galega. O comité de empresa anuncia mobilizacións, segundo sinala a CIG
Lugo será esta tarde a primeira cidade galega na que o PP defenderá unha moción en pleno para pedir a ilegalización dos gobernos municipais de coalición. Recólleo El Progreso
Este luns comeza a súa andaina Vigo Dixital, un novo diario na rede centrado na actualidade viguesa
O Foro de São Paulo recoñece a Galicia como nación e apoia, nas súas conclusións, o proxecto soberanista catalán e o proceso de paz en Euskadi. No encontro participaron Ana Miranda, do BNG, e Lidia Senra, de AGE.
Javier Gómez Noya culminou este domingo o seu cuarto campionato do mundo de triatlón. A tamén galega Susana Rodríguez logrou o bronce na proba feminina de paratríatlon
O risco de incendios é hoxe "extremo" na provincia de Ourense e alto ou moi alto na maior parte do interior do país, segundo Medio Rural
Ourense en Común lanza o seu manifesto e inicia unha campaña de recollida de apoios para tecer unha candidatura cara ás municipais baseada na "confluencia" e nun programa de "participación cidadá e transparencia"
ERC sería a primeira forza política en Catalunya por riba de CiU; o PSC sería a terceria forza e Podemos, a cuarta, por diante do PP, de Ciutadans e de ICV, segundo unha enquisa de El Mundo