O Consello da Cultura Galega presenta unha publicación monográfica sobre os debates ao redor do fuso horario, coordinada por Jorge Mira. O texto (que se pode descargar de balde) será remitido ao Goberno central e galego e ás camaras lexislativas

O Consello da Cultura Galega presenta unha publicación monográfica sobre os debates ao redor do fuso horario, coordinada por Jorge Mira. O texto (que se pode descargar de balde) será remitido ao Goberno central e galego e ás camaras lexislativas
Unha muller con orixe galega, entre as vítimas dos atentados deste mércores en Londres. A nai da falecida é natural de Betanzos
A xestora do PSOE acusa a Pedro Sánchez de financiamento ilegal por continuar co sistema de crowdfunding ata o congreso do partido
Así foi o regreso da neve a Galicia, segundo os radares de Meteogalicia. Este xoves boa parte do territorio galego continuará en alerta laranxa ou amarela por nevaradas.
O balance provisional do ataque de Londres é de catro persoas mortas e vinte feridas. As autoridades británicas están a abordar o sucedido coa consideración de atentado terrorista, informaron durante a tarde.
A Audiencia Nacional absolve un tuiteiro acusado de enaltecemento do terrorismo, sinalando que hai que valorar que ETA abandonou as armas hai anos e que non se pode censurar todo nunha sociedade democrática, nunha sentenza que se afasta da liña marcada por ditames anteriores, coma a que se lle aplicou a César Strawberry. Este mesmo mércores a Fiscalía rebaixou a un ano a pena solicitada para a estudante que fixo chistes sobre Carrero Blanco.
O PP rexeita no Parlamento propoñer a elaboración dunha Lei galega da memoria histórica, como fora proposto polo BNG. En Marea apoiou a iniciativa e o PSdeG-PSOE pediu votar por separado os distintos puntos da moción, absténdose na petición de derrogación da Lei de Amnistía e de anular as sentenzas ditadas polos tribunais franquistas. A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica vén de criticar a posición de PP e PSOE.
Varias persoas feridas nun tiroteo nas proximidades do Parlamento británico, en Londres. Un policía foi apuñalado e o asaltante foi abatido ao carón dos edificios parlamentarios. Ao tempo, varias persoas foron atropeladas na ponte de Westminster, moi próxima ao lugar dos feitos. The Guardian está a informar en directo, e a BBC e Sky News ofrecen imaxes ao vivo.
A xestora do PSOE prohibe a Pedro Sánchez seguir financiando a súa campaña das primarias cun crowdfunding. A prohibición foi transmitida a través dun burofax.
Xa se coñecen os medios e xornalistas finalistas na cuarta edición dos Premios Enfoque, nos que se pode votar ata o vindeiro 7 de abril. Os galardóns buscan sinalar as boas e malas prácticas xornalísticas en relación cos dereitos humanos, a equidade de xénero e o respecto ás minorías