A xestora do PSOE prohibe a Pedro Sánchez seguir financiando a súa campaña das primarias cun crowdfunding. A prohibición foi transmitida a través dun burofax.

A xestora do PSOE prohibe a Pedro Sánchez seguir financiando a súa campaña das primarias cun crowdfunding. A prohibición foi transmitida a través dun burofax.
Xa se coñecen os medios e xornalistas finalistas na cuarta edición dos Premios Enfoque, nos que se pode votar ata o vindeiro 7 de abril. Os galardóns buscan sinalar as boas e malas prácticas xornalísticas en relación cos dereitos humanos, a equidade de xénero e o respecto ás minorías
Rajoy defende os vetos do seu Goberno a leis como a da AP-9 fronte ao duro informe dos letrados do Congreso que, como adiantou Praza.gal, lembran ao Executivo que o seu poder non é "ilimitado" para "cercenar" a capacidade lexislativa das Cortes. Afirmouno en resposta ao líder de Podemos, Pablo Iglesias, a cuxo xuízo o informe "se la bufa" ao presidente do Goberno de España.
O Goberno portugués pide oficialmente o cese de Jeroen Dijsselbloem como presidente do Eurogrupo tralas súas declaracións sobre os países do sur do continente
Pedro Sánchez desafía a xestora e mantén o crowdfunding cando menos ata que se convoque oficialmente o Congreso do PSOE. Nas últimas dúas semanas o candidato recadou máis de 82 mil euros por esta vía.
A Defensora del Pueblo pide explicacións ao Goberno e á Federación pola requisa de bandeiras galegas coa estrela nun partido do Celta en Leganés. Dereitos Civís vén de anunciar a decisión sobre unha polémica que afectou máis seareiros galegos noutras ocasións e que xa censurou o Valedor do Pobo.
A couza da pataca segue estendéndose por Asturias e foi detectada xa en Xixón, o primeiro caso fóra da zona occidental. A parroquia afectada e as que lindan con ela pasan a estar controladas
O ex-director de Adif imputado polo accidente de Angrois recorre a súa citación. O avogado de Andrés Cortabitarte argumenta que non era responsabilidade súa analizar o risco integral da liña nin autorizar a súa apertura senón da consultora pública Ineco e da Dirección de Ferrocarrís de Fomento. Aquí toda a información.
Vítimas de Angrois son desaloxadas do Senado tras protestaren contra o ministro de Fomento, Íñigo de la Serna, que respondía unha pregunta ao respecto formulada pola senadora de En Marea Vanessa Angustia. O pasado febreiro representantes da Plataforma Víctimas Alvia 04155 foron desaloxados do Parlamento galego.
A oposición forza o PP a reformar a 'lei mordaza'. O Congreso admite a trámite dúas proposicións de lei do PSOE e do PNV para botar abaixo a norma de 2015.