Seguidores socialistas comezan a chegar á Bastilla, o lugar da celebración oficial, confiando nun triunfo de Hollande que as sondaxes dan por feito, pero que non está nin moito menos seguro.
Fálase
Eleccións rexionais en Alemaña. A CDU lograría a vitoria por moi estreita marxe en Schleswig-Holstein, segundo as sondaxes a pé de urna.
Deportes. O Club Patín Cerceda, subcampión de España en categoría junior, logo de perder na final contra o FC Barcelona por 5 a 2.
Eleccións en Grecia. O conservador Samarás vencería nos comicios segundo as últimas sondaxes a pé de urna. Cos primeiros datos, sete partidos entrarían no Parlamento. Nova democracia (entre 17% e 20%), Syriza (15,5% e 18,5%), Pasok (14% e 17%) e Amencer Dourado (6% e 8%).
Eleccións en Francia. A participación en Francia alcanza o 72% á tarde, máis dun punto superior á de hai catro anos.
Eleccións en Francia. O diario belga Le Soir adianta as sondaxes que se publicarán ás 6 da tarde. Hollande gañaría co 53% dos votos, fronte ao 47% de Sarkozy.
O "uso flexible" da tarxeta sanitaria será unha das prioridades da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal no Cumio Ibérico que se celebrará o vindeiro mércores no Porto. Representantes de ambas as dúas rexións xa transmitiron esta petición aos seus respectivos gobernos.
A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública esixe unha rectificación "inmediata" ao Valedor do Pobo logo de que este defendese os recortes como "xustos, imprescindibles e innecesarios" e suspender a Lei de Dependencia.
A participación descende catro puntos nas eleccións francesas. Os primeiros datos desta segunda volta falan dun 30,66% ao mediodía, fronte ao 34,11% de 2007.
O líder de Nuevas Generaciones en Cataluña e deputado, José Antonio Coto, asegura que os mozos socialistas conciben a universidade "como unha macrofesta do cannabis" e que fan "folgas silvestres" e contraponos aos do PP "que se erguen cada mañá ao sonar o derpertador". Podesdes escoitalo aquí.