A Fronte Nacional non chegará ao goberno de ningunha rexión francesa. A retirada de varios candidatos socialistas, que chamaron á votar ás listas do partido de Sarkozy, e o incremento da participación (sete puntos superior á da primeira volta) deixan o partido de Marine Le Pen sen vitorias, a pesar de que hai unha semana fora a forza máis votada en seis territorios.
