O Instituto Internacional de Finanzas (IIF, nas súas siglas en inglés) acaba de comunicar que o acordo entre Grecia e os acredores estará listo "en días" e que se aprobará a vindeira semana
Fálase
O alcalde do Porto, Rui Rio, non morde a lingua. Nun almorzo informativo en Vigo non dubidou en afirmar que a conexión ferroviaria entre Galicia e Portugal é, sinxelamente, "unha merda"
Roberto Castro, recoñecido 'baltarista', será o novo subdelegado do Goberno central en Ourense. Isto obriga a un novo cambio no organigrama da Xunta, onde exercía ata agora de secretarío xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias (na imaxe, coa presidenta do Parlamento)
A Xunta asegura que a posta en marcha do eólico, que consideran posible, pode reducir o paro en Galicia en ata seis puntos
O PP continúa as homenaxes a Manuel Fraga. A próxima, o sábado ás 12:30 en Santiago, "con Mariano Rajoy á cabeza".
O equipo xornalístico, traballando para mellorar a Praza de todos
Feijóo adiántalle a Onda Cero Galicia que agora o PP tamén estará a favor de eliminar o plus de altos cargos. Pola mañá, o PSdeG reclamou rexeitalo, o BNG xa o fixera. Suprimirase coa mesma unidade coa que se aprobou.
O Valedor do Pobo inicia unha investigación de oficio pola falta de calefacción nun colexio de Ourense
Benvidos á Praza de tod@s! Estamos no aire con moita xente tentando entrar