O filme francés La lampe au beurre de Yak gaña o 7º Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu. A tamén produción gala La Fugue acadou o segundo premio. Meu amigo Nietzsche obtivo o galardón do público e 3-1=0 foi a mellor galega.

O filme francés La lampe au beurre de Yak gaña o 7º Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu. A tamén produción gala La Fugue acadou o segundo premio. Meu amigo Nietzsche obtivo o galardón do público e 3-1=0 foi a mellor galega.
José Manuel Fernández Alvariño, presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, defende nunha entrevista en Faro de Vigo que "a xente debe asumir que é mellor cotizar por unha hora que un parado sen cotización"
"O Delegado do Goberno non é un exemplo no cumprimento da legalidade". Dereitos Civís responde as declaracións realizadas por Samuel Juárez, que sinala en La Voz de Galicia que "O BNG exerceu a violencia contra a policía na visita de Merkel". A entidade denuncia a través dun comunicado que Juárez "parece botar de menos unha violencia real que xustifique a reacción policial" e lembra a negativa de moitos axentes aportar as súas identificacións obrigatorias ou o falseamento de informes.
O Celta deixou escapar dous puntos de Balaídos nos últimos minutos (2-2) ante unha Real Sociedade en mellor forma física á que chegou a gañar por 2-0. Os celestes, con todo, mentéñense na parte alta da táboa con 5 puntos.
A Universidade da Coruña celebra este curso os seus 25 anos de historia. A institución prepara para os vindeiros meses un calendario de actividades para celebralo.
A Xunta aparca as fusións de concellos até despois das eleccións municipais. Aduce que a proximidade dos comicios lle impide promover novas operacións.
Milleiros de persoas (45.000 segundo os organizadores e 4.000 segundo a policía) maniféstanse en Madrid, convocadas por Pacma, contra a festa do Toro de la Vega. A marcha realizou paradas ante as sedes de PP e PSOE.
Ao redor de 200 persoas realizaron un roteiro polo Monte Pindo este sábado, un ano despois do comezo do incendio que arrasou este espazo natural
O BNG avoga por incorporar Galicia aos procesos soberanistas abertos en Catalunya e Escocia. Nun acto público celebrado en Compostela Xavier Vence afirmou que “ou tomamos o futuro nas nosas mans, baixo a nosa responsabilidade, ou podemos vernos conducidos ao esmorecemento en mans de poderes alleos”.
O 70% dos 58 premios fin de carreira nas tres universidades galegas corresponden a mulleres, segundo vén de facer público a Consellaría de Educación