O FMI empeora as previsións para España, que se contraerá un 1,5% este ano e crecerá un 0,8% en 2014. Aumenta en dúas décimas o descenso e rebaixa noutras dúas o crecemento.
O FMI empeora as previsións para España, que se contraerá un 1,5% este ano e crecerá un 0,8% en 2014. Aumenta en dúas décimas o descenso e rebaixa noutras dúas o crecemento.
AGE presentará unha iniciativa no Parlamento para establecer un plan de prevención da corrupción nas administracións. Anunciouno Yolanda Díaz logo da súa reunión co fiscal superior de Galicia, Carlos Varela.
O director xeral de Pesca de Asturias di que "aínda hoxe" se están a pagar "os danos" do Prestige. Asegura que hai especies cuxo nivel de capturas matense "por debaixo" de 2002.
Os PAS da Universidade de Santiago veñen de iniciar un peche indefinido no edificio da Balconada. Ao redor de 200 persoas protestan polos recortes dos seus dereitos laborais. Máis información nuns minutos en Praza.
Queremos Galego difunde un vídeo para animar á participación na manifestación deste domingo en Compostela.
A Audiencia de Barcelona obriga a investigar os bombardeos de pilotos italianos sobre a cidade durante a Guerra Civil e reabre a fronte xudicial para estudar os crimes do franquismo
ERC apoia a CiU sen reservas ante os ataques de PSC e ICV polos recortes efectuados polo Goberno de Mas
Montoro afirma que a amnistía fiscal "non borra nin limpa delictos", e revela que con esta medida afloraron 40.000 millóns de euros pero engade que atopa “impertinente e ruin” que se lle pregunte polos sobres de Bárcenas. Laia Ortiz (Esquerda Plural) pídelle "un ton menos frívolo" e acúsao de ser responsable "de que delincuentes acaben pagando un 3% en impostos". O PSOE pedirá a súa dimisión se se descobre que Bárcenas se acolleu á amnistía.
O consumo de somníferos e sedantes en España duplicouse dende o 2005. O 11,4% toma fármacos hipnosedantes, unha porcentaxe que supera á das persoas que consomen cánnabis. Descende o uso das demais drogas.
Eulen faise co concurso para realizar o laboratorio teatral da Deputación da Coruña do que anteriormente se ocupaba CasaHamlet