Eulen faise co concurso para realizar o laboratorio teatral da Deputación da Coruña do que anteriormente se ocupaba CasaHamlet
Fálase
Uns 2.500 traballadores do naval marchan polas rúas de Ferrol para reclamar máis carga de traballo. Rematarán a manifestación ante o Concello.
Iñaki Urdangarín, citado para declarar o 23 de febreiro no xulgado por presunta fraude fiscal.
A Xunta informa de que mantén pechado ao tráfico pesado os portos de montaña do Cebreiro (PK 0 a 6), San Roque (PK 6 a 10), Poio (PK 10 a 20) da LU-633 (Pedrafita NVI- Alto do Hospital) e o Viduedo (PK 0 ao 7) na estrada LU-637; ao tempo que se recomenda precaución e circulación con cadeas para o resto das estradas afectadas pola neve nas provincias de Lugo e Ourense.
A economía española caeu un 1,3% en 2012, segundo as estimacións do Banco de España, que destaca a "elevada tensión" do contexto financeiro.
Cameron anuncia un referendo sobre a permanencia do Reino Unido na UE. Podería celebrarse entre 2015 e 2017 se os conservadores gañan as vindeiras eleccións.
Os grandes ERE en marcha empurran o desemprego aos 6 millóns de parados. A EPA de mañá podería alcanzar esa barreira por mor dos masivos expedientes de regulación de emprego en todo o Estado.
Os seis concelleiros do PP que abandonaron o goberno municipal de Ames rexeitan a posibilidade dunha moción de censura contra o alcalde Santiago Amor, pero anuncian que poderán rachar a disciplina de voto
Discrepancias internas no PSC a respecto da posición dos socialistas sobre a declaración de soberania que hoxe votará o Parlamento catalán. O PSC non apoiará o texto de CiU, ERC e ICV.
David Cameron convocará un referéndum sobre a permanencia do Reino Unido na Unión Europea se gaña as eleccións de 2015