Discrepancias internas no PSC a respecto da posición dos socialistas sobre a declaración de soberania que hoxe votará o Parlamento catalán. O PSC non apoiará o texto de CiU, ERC e ICV.
Discrepancias internas no PSC a respecto da posición dos socialistas sobre a declaración de soberania que hoxe votará o Parlamento catalán. O PSC non apoiará o texto de CiU, ERC e ICV.
David Cameron convocará un referéndum sobre a permanencia do Reino Unido na Unión Europea se gaña as eleccións de 2015
Netanyahu gaña as eleccións en Israel, pero queda moi lonxe da maioria. Sobe o partido centrista laico Yesh Atid, que supera os laboristas
A Plataforma das Artes Escénicas convoca unha asamblea aberta o luns 28. Denuncian que a situación “é cada vez máis grave, e agudízase cos orzamentos publicados para este ano e coa parálise total da Agadic, que nos deixa sen interlocutor diante da Administración, sen redes de distribución"
A Asemblea do CEIP Rabadeira de Oleiros realizará unha acción de protesta contra os recortes. Todos os luns cortarán a estrada Montrove-Oleiros de 14 a 14.30.
As antigas caixas pedían os nomes dos empregados que se negaban a vender preferentes, segundo asegura a Cadena Ser, que tivo acceso a novos correos electrónicos nos que se relatan as presións dos directivos aos traballadores para colocar produtos inapropiados aos clientes.
Imputan o alcalde de Santiago, Ángel Currás, e a Gerardo Conde Roa por un presunto delito de prevaricación e acoso moral. Adiántao Europa Press na súa web.
O 112 rexistrou entre as 00.00 horas e as 18.00 horas de hoxe un total de 293 incidencias relacionadas co temporal de vento, neve e mar (vermello) que afecta a Galicia, segundo vén de informar Emerxencias a través dun comunicado.
Cataluña incumpre o déficit para 2012, ao pechar cun 2,3% do PIB. Supera en oito décimas o límite marcado polo Goberno central, ao que a Generalitat culpa de poñer trabas.
El Diario analiza as repercusións políticas e económicas do paso a mans públicas do Valencia CF. A Generalitat Valenciana vén de facerse co control do club de fútbol, nunha crítica situación económica.