A Asemblea do CEIP Rabadeira de Oleiros realizará unha acción de protesta contra os recortes. Todos os luns cortarán a estrada Montrove-Oleiros de 14 a 14.30.
Fálase
As antigas caixas pedían os nomes dos empregados que se negaban a vender preferentes, segundo asegura a Cadena Ser, que tivo acceso a novos correos electrónicos nos que se relatan as presións dos directivos aos traballadores para colocar produtos inapropiados aos clientes.
Imputan o alcalde de Santiago, Ángel Currás, e a Gerardo Conde Roa por un presunto delito de prevaricación e acoso moral. Adiántao Europa Press na súa web.
O 112 rexistrou entre as 00.00 horas e as 18.00 horas de hoxe un total de 293 incidencias relacionadas co temporal de vento, neve e mar (vermello) que afecta a Galicia, segundo vén de informar Emerxencias a través dun comunicado.
Cataluña incumpre o déficit para 2012, ao pechar cun 2,3% do PIB. Supera en oito décimas o límite marcado polo Goberno central, ao que a Generalitat culpa de poñer trabas.
El Diario analiza as repercusións políticas e económicas do paso a mans públicas do Valencia CF. A Generalitat Valenciana vén de facerse co control do club de fútbol, nunha crítica situación económica.
CiU, ERC e ICV rexistran un texto conxunto no Parlament de Catalunya que recoñece o "carácter de suxeito político e xurídico soberano" do pobo catalán. No diario Ara
A UE dá luz verde a que once países da UE instauren a taxa Tobin, entre eles España. A votación dos ministros de Finanzas permitirá a varios estados aplicar un imposto ás transaccións financeiras.
O PP impide que Rajoy compareza no Congreso para explicar o caso Bárcenas. Cóntao a Cadena SER
O Tribunal Superior de Xustiza de Madrid recoñece que os empregados públicos aos que se lles retirou a paga extra de decembro teñen dereito a cobrar a parte correspondente a 14 días, entre 60 e 240 euros