El Diario analiza as repercusións políticas e económicas do paso a mans públicas do Valencia CF. A Generalitat Valenciana vén de facerse co control do club de fútbol, nunha crítica situación económica.
Fálase
CiU, ERC e ICV rexistran un texto conxunto no Parlament de Catalunya que recoñece o "carácter de suxeito político e xurídico soberano" do pobo catalán. No diario Ara
A UE dá luz verde a que once países da UE instauren a taxa Tobin, entre eles España. A votación dos ministros de Finanzas permitirá a varios estados aplicar un imposto ás transaccións financeiras.
O PP impide que Rajoy compareza no Congreso para explicar o caso Bárcenas. Cóntao a Cadena SER
O Tribunal Superior de Xustiza de Madrid recoñece que os empregados públicos aos que se lles retirou a paga extra de decembro teñen dereito a cobrar a parte correspondente a 14 días, entre 60 e 240 euros
A meteoroloxía adversa está a facer necesaria a intervención dos servizos de emerxencias en diversos puntos de Galicia. Na montaña luguesa as principais dificultades créaas a neve. Na web do 112 pódese seguir a evolución das intervencións.
Os homes investigadores manipulan os sus estudos máis que as mulleres investigadoras. Os que ocupan postos de máis responsabilidade son os que máis enganan
6 dos 11 concelleiros do PP en Ames, os mesmos que non acudiron a un pleno a pasada semana e que están enfrontados co alcalde, abandonan o goberno municipal pero manteñen as súas actas. Santiago Amor mantén o apoio de só 5 dos 21 concelleiros da corporación. Para esta tarde está prevista unha comparecencia os seis edis para explicar os motivos e aclarar cal vai ser a súa postura a partir de agora.
Cascos: "Non me imaxino o xefe dos bombeiros de Nova York sentado nun tribunal por non ter impedido a caída das Torres Xemelgas". O ex ministro de Fomento insiste en que decisións diferentes ás tomadas "terían sido máis graves".
Cascos cre que as decisións tomadas co Prestige foron "as máis correctas" e aclara que el non tomou ningunha decisión técnica. "Sería unha temeridade pola miña parte", asegura o que fora ministro de Fomento durante a catástrofe do petroleiro.