Cascos: "Non me imaxino o xefe dos bombeiros de Nova York sentado nun tribunal por non ter impedido a caída das Torres Xemelgas". O ex ministro de Fomento insiste en que decisións diferentes ás tomadas "terían sido máis graves".
Fálase
Cascos cre que as decisións tomadas co Prestige foron "as máis correctas" e aclara que el non tomou ningunha decisión técnica. "Sería unha temeridade pola miña parte", asegura o que fora ministro de Fomento durante a catástrofe do petroleiro.
Cascos atribúe a "decisións técnicas" a negativa a levar o Prestige ao porto da Coruña e insiste en que a culpa da catástrofe foi das "condicións" do buque e nin tan sequera do temporal.
Francisco Álvarez Cascos comeza a declarar no xuízo do Prestige. Asegura que no Goberno sempre se foi "consciente da gravidade" do sinistro do Prestige.
O Concello de Lugo destinará os cartos non gastados na paga extra dos concelleiros á loita contra os desafiuzamentos
Francisco Álvarez-Cascos declarará hoxe no macroxuizo do Prestige. O daquela ministro de Fomento será preguntado polas responsabilidades na catástrofe do Goberno do que formaba parte
O Congreso debaterá hoxe se Rajoy comparece no pleno polo caso Bárcenas
Israel celebra hoxe eleccións nas que Netanyahu parte como favorito para ser o candidato máis votado, pero sen maioría absoluta debido ao ascenso da ultradereita.
O rei Juan Carlos volve subir o seu soldo e recupera unha paga extra á que renunciara o pasado ano. En 2013 cobrará uns 300.000 euros. Tamén se incrementan as retribucións do príncipe Felipe e en cambio baixan as da raíña e as infantas.
A dirección das caixas galegas ameazou os seus empregados para que vendesen preferentes, segundo adianta a Cadena Ser. "As persoas que non saiban ou non queiran vender preferentes, deberían preguntarse se realmente queren formar parte da caixa e do seu futuro", teríanlle dito os directivos aos traballadores.