6 dos 11 concelleiros do PP en Ames, os mesmos que non acudiron a un pleno a pasada semana e que están enfrontados co alcalde, abandonan o goberno municipal pero manteñen as súas actas. Santiago Amor mantén o apoio de só 5 dos 21 concelleiros da corporación. Para esta tarde está prevista unha comparecencia os seis edis para explicar os motivos e aclarar cal vai ser a súa postura a partir de agora.