"Que tiña de malo querer ser o Sanxenxo do norte?", pregúntase o alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente Parga, nunha entrevista que este sábado publica La Voz de Galicia.
Fálase
A presidenta do comité de empresa da fábrica de Sargadelos en Cervo, Rogelia Mariña, afirma que a compañía, cuxa dirección anunciou a entrada voluntaria en concurso de acredores, ten que "adaptarse aos tempos". "Creo que a marca Sargadelos é moita marca e se non saímos será porque non a souberon sacar adiante", dixo
Os traballadores da cafetería da estación de autobuses de Compostela levantan o peche que mantiveron nos últimos 25 días, despois de acordar co Concello e coa empresa municipal TUSSA a garantía da continuidade dos seus contratos.
Este xoves fallouse o II premio de poesía Manuel Lueiro Rey, no que resultou gañadora Eli Ríos. O xurado estivo formado por Carmen Carreiro, presidenta da Asociación Cultural O Cruceiro da Laxe, Luís Cochón, Mercedes Queixas e Armando Requeixo. O premio entregarase o vindeiro 27 de abril en Fornelos de Montes.
Bono intervén no cumio do Partido Popular Europeo e pide unha campaña da UE para apoiar a España. O líder de U2 foi a estrela do cónclave da dereita europea en Dublín ante Rajoy e Angela Merkel.
Edwy Plenel e Mediapart, eldiario.es, Lydia Cacho, The Guardian e os xornalistas secuestrados en Siria, candidatos ao X Premio José Couso de Liberdade de Prensa, que convocan o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG), o Club de Prensa de Ferrol e a Obra Social la Caixa
O Deportivo alcanza un acordo con Facenda sobre a débeda e afasta a ameaza de liquidación. O club coruñés busca agora un pacto coas entidades bancarias para establecer un calendario definitivo de pagos.
O Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía da Coruña (MUNCYT), nominado a mellor museo europeo de 2014 polo European Museum Forum, organización dependente do Consello de Europa.
Costa da Morte, de Lois Patiño, gañou o premio ao mellor filme internacional no presitixioso festival mexicano FICUNAM. A película galega segue sumando recoñecementos, despois dos galardóns obtidos en Locarno, Sevilla, Valdivia ou Florencia.
Costa da Morte, de Lois Patiño, gañou o premio ao mellor filme internacional no presitixioso festival mexicano FICUNAM. A película galega segue sumando recoñecementos, despois dos galardóns obtidos en Locarno, Sevilla, Valdivia ou Florencia.