Menos dunha cuarta parte dos votantes do PP galego apoian que o seu partido subscriba pactos de goberno nos concellos, segundo unha enquisa de La Voz
Fálase
A Fiscalía Anticorrupción ratifica que o PP manexou unha caixa de diñeiro negro coa que pagou sobresoldos e outras operacións, pero conclúe que non cometeu delito fiscal, uníndose así á doutrina da Axencia Tributaria. Recólleo a Cadena SER
Tsipras forza a que Varoufakis comparta o control das negociacións de Grecia coa UE
O Supremo obriga o FOGASA a pagar todas as solicitudes que non responda en tres meses. Cóntao El Diario
O novo tren rápido do Atlántico ten sinais pouco visibles para os maquinistas. Cóntao El País Galicia
O pleno do Concello de Lugo do vindeiro 4 de maio debaterá a retirada das distincións municipais a Franco e outras tres persoas relacionadas coa ditadura. O Goberno municipal propón ademais o cambio de denominación de sete rúas, que tomarán entre outros os nome de Isaac Díaz Pardo ou Lois Peña Novo. O BNG responde que só a súa acción política "fixo posible o cambio dos nomes da rúas en Lugo" e que "se Fraga non ten unha rúa en Lugo é grazas ao BNG".
A Xunta Electoral non acepta a lista do PP na vila catalá de Berga porque unha das persoas propostas para integrala se presenta en Ferrol por UPyD, no posto 13 da súa lista. Cóntao Directe
Compostela Aberta propón duplicar o investimento social e lamenta que Hernández e o PP, tras avalar "recortes" sociais, procure "facerse fotos con persoas con necesidades durante as campañas como mero instrumento propagandístico, o que dá boa mostra dos poucos escrúpulos que teñen", di Noriega.
A líder do PP en Madrid quere prohibir que persoas sen recursos durman na rúa porque "escorrentan os turistas". Esperanza Aguirre teoriza con que moitas destas persoas forman parte de grupos organizados para "ter un bo vivir". Recólleo El Diario
Julio Flores, edil da Coruña imputado no caso Pokémon, carga contra a Marea Atlántica no derradeiro pleno do mandato. Ante a presenza de Xulio Ferreiro entre o público Flores afirmou que a cidade "no está para que se le maree" e maniféstase "preocupado" por que "entre la marejadilla" no Concello. Crónica en La Opinión de A Coruña