Julio Flores, edil da Coruña imputado no caso Pokémon, carga contra a Marea Atlántica no derradeiro pleno do mandato. Ante a presenza de Xulio Ferreiro entre o público Flores afirmou que a cidade "no está para que se le maree" e maniféstase "preocupado" por que "entre la marejadilla" no Concello. Crónica en La Opinión de A Coruña
Fálase
PP (11) e Ciudadanos (3) sumarían unha axustada maioría absoluta na Coruña, segundo o barómetro que elabora semanalmente a Facultade de Socioloxía para Radio Coruña-Cadena SER. A Marea Atlántica obtería 6 concelleiros, o PSOE outros 6 e o BNG acadaría 1.
Abanca anuncia unha demanda contra El Confidencial. O xornal retruca reafírmándose nas súas informacións a través dun editorial
O BNG presenta esta mañá no Constitucional o recurso contra o recorte de iniciativas no Parlamento de Galicia. Presentarano Xavier Vence, Francisco Jorquera e Carme Adán.
Compostela Aberta inicia a campaña Movámonos polo Santiago que queremos co obxectivo de sumar a veciñanza da cidade "se mova para conseguir o Santiago que nos gusta" nas eleccións do 24-M
Membros da candidatura do BNG de Lugo poñen as camisolas vermellas a prol dos servizos pendentes no HULA, dentro da campaña #quenoncheroubenocorazón, da plataforma veciñal que reclama hemodinámica 24 horas, radioterapia e medicina nucleara
Unha enquisa da SER sitúa o PP en primeiro lugar cara ás xerais, pero a apenas un punto do PSOE e cun 22% dos votos. A sondaxe da emisora de PRISA volve prognosticar un ascenso de Ciudadanos e sitúa a Podemos no cuarto posto.
El Corte Inglés logrou o pasado ano unha media de nove contratos públicos á semana. Catro deles foron da Xunta, por importe de cando menos 1,2 millóns de euros. Cóntao ElDiario.es
A Marea Atlántica demándalle ao Concello da Coruña que publique todos os seus contratos. Recólleo La Opinión
O Concello de Barcelona ordena non volver contratar un dos directores de Ciutat Morta. Cóntao La Directa