Membros da candidatura do BNG de Lugo poñen as camisolas vermellas a prol dos servizos pendentes no HULA, dentro da campaña #quenoncheroubenocorazón, da plataforma veciñal que reclama hemodinámica 24 horas, radioterapia e medicina nucleara
Fálase
Unha enquisa da SER sitúa o PP en primeiro lugar cara ás xerais, pero a apenas un punto do PSOE e cun 22% dos votos. A sondaxe da emisora de PRISA volve prognosticar un ascenso de Ciudadanos e sitúa a Podemos no cuarto posto.
El Corte Inglés logrou o pasado ano unha media de nove contratos públicos á semana. Catro deles foron da Xunta, por importe de cando menos 1,2 millóns de euros. Cóntao ElDiario.es
A Marea Atlántica demándalle ao Concello da Coruña que publique todos os seus contratos. Recólleo La Opinión
O Concello de Barcelona ordena non volver contratar un dos directores de Ciutat Morta. Cóntao La Directa
Unha vintena de alcaldías de Ourense hérdanse dentro das mesmas familias, como xa aconteceu coa presidencia da Deputación. Unha reportaxe de Cristina Huete en El País Galicia
Xornalistas protestan en Almería porque o adestrador do Eibar responde en euskera unha pregunta que lle formularan neste mesmo idioma. Gaizka Garitano abandonou a comparecencia mentres o xefe de prensa da U.D. Almería reprendía a prensa local.
O Dépor logra un empate a un gol ante o Málaga
O xornal Sermos Galiza fai tres anos este 26 de abril. Parabéns!
A Liga Estudantil Galega expresa na súa Asemblea Nacional a vontade de poñerse "ao servizo da construción dunha nova organización estudantil unitaria plural, aberta e democrática".