O Dépor logra un empate a un gol ante o Málaga
Fálase
O xornal Sermos Galiza fai tres anos este 26 de abril. Parabéns!
A Liga Estudantil Galega expresa na súa Asemblea Nacional a vontade de poñerse "ao servizo da construción dunha nova organización estudantil unitaria plural, aberta e democrática".
O PP acelera a aprobación de leis ante a posibilidade de que as eleccións xerais sexan en setembro. Cóntao El Diario
La Voz publica a súa enquisa sobre as eleccións municipais, que debuxa un escenario nas cidades no que só habería maiorías absolutas en Vigo, do PSdeG e Pontevedra, do BNG. Na Coruña Negreira precisaría a Ciudadanos para gobernar e en Santiago, Compostela Aberta podería liderar un pacto de esquerdas. En Lugo PP e PSdeG empatarían a 11 edís e en Ferrol os populares seguirían en cabeza, pero sen a absoluta.
ENCE asegura agora que xera 800 postos de traballo e lánzase a defender o seu impacto económico tras recibir o apoio de Feijóo.
O CD Lugo empata sen goles ante o Alcorcón
Arestora comeza en Pontevedra o Encontro Nacional do BNG co que a formación lanza a súa precampaña das municipais. A información, este serán en Praza. (Imaxe: BNG)
Agustín Fernández Paz lembra no seu blog a figura de José Ángel Valente no aniversario do nacemento do poeta
Vence pide "pasar páxina" dun PP "corrompido ata as orellas". Díxoo nas horas previas á convención nacional que o Bloque celebra esta tarde en Pontevedra. A información, hoxe en Praza.