Vence pide "pasar páxina" dun PP "corrompido ata as orellas". Díxoo nas horas previas á convención nacional que o Bloque celebra esta tarde en Pontevedra. A información, hoxe en Praza.
Fálase
Xa está en marcha a convención nacional de CxG, coa presenza dos 41 candidatos e candidatas da formación para as municipais
Compostela Aberta celebra arestora unha sesión vermú no seu local da Praza do Toural para presentar a candidatura do 24-M
Breogán e Ourense vencen nos primeiros partidos do play off de ascenso á ACB.
Entidades independentistas catalás lánzanse á campaña municipal cun acto masivo no Palau Sant Jordi de Barcelona. Crónica en Vilaweb
Eldiario.es analiza os movementos internos no PP cara á posible sucesión de Mariano Rajoy, nos que se ubica a Feijóo. Por Luz Sanchís.
Xa está en marcha a convención municipal do PSdeG no Palacio de Congresos de Galicia. A información, hoxe en Praza (foto: @godial)
Jesús Vázquez asegura que "nunca" pediu ningún enchufe "por ninguén" e di non ter "constancia" do correo electrónico incluído no sumario da Operación Pokémon, que reflicte que solicitou unha recomendación como "favor" a través do tenente de alcalde da Coruña.
Case un 30% do electorado está indeciso cara ás eleccións municipais en Galicia segundo unha enquisa de La Voz, que o domingo publica un inquérito sobre resultados de 14 vilas e cidades galegas.
El País Galicia publica máis detalles dos supostos enchufes no Concello da Coruña que revela o contido dos ordenadores do consistorio. Esas intervencións son as que implican a Jesús Vázquez nunha desas recomendacións.