Jesús Vázquez asegura que "nunca" pediu ningún enchufe "por ninguén" e di non ter "constancia" do correo electrónico incluído no sumario da Operación Pokémon, que reflicte que solicitou unha recomendación como "favor" a través do tenente de alcalde da Coruña.
Fálase
Case un 30% do electorado está indeciso cara ás eleccións municipais en Galicia segundo unha enquisa de La Voz, que o domingo publica un inquérito sobre resultados de 14 vilas e cidades galegas.
El País Galicia publica máis detalles dos supostos enchufes no Concello da Coruña que revela o contido dos ordenadores do consistorio. Esas intervencións son as que implican a Jesús Vázquez nunha desas recomendacións.
PSdeG, BNG, Anova e CxG celebran este sábado convencións coa vista posta nas eleccións municipais. A información, hoxe en Praza.
Leo Bassi chega mañá a Compostela coa súa misa "Patólica". As entradas poderanse retirar na Facultade de Historia dende as 4 da tarde.
A Xunta Electoral incoa unha sanción contra o alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz Rivas (PP) e a súa edil de Servizos Sociais por promocionar a denominada 'Feira da Educación' nas novas instalacións do mercado municipal en período electoral. A sanción chega por unha denuncia do BNG local.
PSdeG, BNG, Anova, EU e Podemos súmanse á declaración por un sistema sanitario igualitario, na que non participan o PP nin Ciudadanos. Recolleuno a TVG
O PSOE publica as declaracións de bens dos seus candidatos municipais no portal de transparencia do partido
Conde Roa comunícalle á xuíza do caso Pokémon que marcha vivir a Alemaña. Recólleo El Correo Gallego
A UE evita lanzar unha acción de rescate das persoas migrantes no Mediterráneo pero triplica os fondos para vixiar as costas. Cóntao El Diario