PSdeG, BNG, Anova, EU e Podemos súmanse á declaración por un sistema sanitario igualitario, na que non participan o PP nin Ciudadanos. Recolleuno a TVG
Fálase
O PSOE publica as declaracións de bens dos seus candidatos municipais no portal de transparencia do partido
Conde Roa comunícalle á xuíza do caso Pokémon que marcha vivir a Alemaña. Recólleo El Correo Gallego
A UE evita lanzar unha acción de rescate das persoas migrantes no Mediterráneo pero triplica os fondos para vixiar as costas. Cóntao El Diario
Feijóo reivindica a súa "lealdade" a Rajoy dende a Xunta en plena crise interna do partido. Recólleo Faro de Vigo
O ex conselleiro de Educación e candidato popular en Ourense pediu un enchufe para un "defensor" do PP, segundo consta na investigación da Pokémon e recolle El País Galicia. A xuíza vén de pedirlle a Facenda datos sobre Jesús Vázquez.
Fomento publica no BOE o desestimento do contrato para redactar os proxecto da estación intermodal de Santiago. No último día no que estiveron autorizadas as inauguracións Feijóo e Hernández presentaron un proxecto de reforma da actual estación que aínda non está aprobado.
O Concello de Ribadeo coloca unha placa co nome de Castelao no lugar doutra co nome do ex ministro Jaume Matas, condenado por delitos vinculados á corrupción e incurso en varias causas xudiciais pendentes.
17 elementos patrimoniais de toda Galicia figuran na lista vermella elaborada pola asociación Hispania Nostra, que recolle aqueles "en serio perigo de desaparición". Atopamos dende o barrio de Ferrol Vello ata as pinturas murais medievais de Moraime ou o Sanatorio de Cesuras.
Luisa Lores detalla en Nueva Tribuna as sucesivas concesións da xestión de servizos sanitarios a fondos de investimento e multinacionais estadounidenses levadas a cabo pola Xunta nos últimos anos