Fomento publica no BOE o desestimento do contrato para redactar os proxecto da estación intermodal de Santiago. No último día no que estiveron autorizadas as inauguracións Feijóo e Hernández presentaron un proxecto de reforma da actual estación que aínda non está aprobado.
Fálase
O Concello de Ribadeo coloca unha placa co nome de Castelao no lugar doutra co nome do ex ministro Jaume Matas, condenado por delitos vinculados á corrupción e incurso en varias causas xudiciais pendentes.
17 elementos patrimoniais de toda Galicia figuran na lista vermella elaborada pola asociación Hispania Nostra, que recolle aqueles "en serio perigo de desaparición". Atopamos dende o barrio de Ferrol Vello ata as pinturas murais medievais de Moraime ou o Sanatorio de Cesuras.
Luisa Lores detalla en Nueva Tribuna as sucesivas concesións da xestión de servizos sanitarios a fondos de investimento e multinacionais estadounidenses levadas a cabo pola Xunta nos últimos anos
As universidades de Vigo e Porto crearán equipos mixtos de investigación para concorrer a convocatorias europeas do Horizonte 2020. É unha das accións de colaboración con entidades lusas postas en marcha pola institución galega, e que foron debatidas nun cumio bilateral celebrado este mércores.
Feijóo reitera o seu apoio á permanencia de ENCE na ría de Pontevedra e ratifica nun acto con empresarios o abandono da súa promesa de traslado, mantida na oposición e incluída nos seus programas electorais de 2009 e 2012.
A EPA reflicte 11.900 persoas paradas máis en Galicia que no trimestre anterior e 21.200 menos que hai un ano. No último trimestre as persoas con traballo son 12.900 menos que tres meses antes e 4.700 máis que a comezos de 2014. Máis información, hoxe en Praza.
Novos documentos acreditan que a ditadura franquista recoñeceu o asasinato de Federico García Lorca. Publícaos El Diario
Pedro Sánchez garante que o PSdeG non facilitará gobernos do PP en Galicia e defende acordos municipais baseados nos programas. Afírmao nunha entrevista en La Voz
O PP rebaixa as súas expectativas nas cidades e centrarase nas deputacións. Rajoy acudirá a Galicia só nunha ocasión durante a carreira electoral. Cóntao El País Galicia