Pedro Sánchez garante que o PSdeG non facilitará gobernos do PP en Galicia e defende acordos municipais baseados nos programas. Afírmao nunha entrevista en La Voz
Fálase
O PP rebaixa as súas expectativas nas cidades e centrarase nas deputacións. Rajoy acudirá a Galicia só nunha ocasión durante a carreira electoral. Cóntao El País Galicia
Facenda descobre o pago de 354.000 euros dunha construtora a Trillo. A empresa non acredita ante a Axencia Tributaria a "asesoría" realizada. O deputado Martínez Pujalte recibiu outros 75.000 euros.
Compostela Aberta presenta o segundo treito da súa lista, á que se incorporan persoas como a actriz Comba Campoy ou Víctor Ferreira, edil de Educación no primeiro goberno de Xerardo Estévez. A plataforma presentará publicamente a súa candidatura cunha "sesión vermú" o vindeiro sábado no seu local da Praza do Toural.
O BNG de Santiago presenta as súas propostas acompañado por cinco 'persoeiros históricos'. Con persoas caracterizadas como Rosalía de Castro, As Marías, o arcebispo Xelmírez ou Ánxel Casal expuxeron iniciativas en materias como lingua, cultura, turismo ou transparencia.
O líder do PSOE, Pedro Sánchez, únese en Lugo á reivindicación dos servizos sanitarios pendentes para o HULA, prometidos por Feijóo en 2011. A campaña está impulsada por varios colectivos da cidade.
O director da Guardia Civil, Fernández de Mesa, ameaza con demandar a Alberto Garzón (IU) por acusar o Instituto Armado de "asasinar inmigrantes no valado de Melilla". Recólleo El Diario
Irmandade TV comezará a emitir mañá desde Nós TV, que se pode sintonizar en R ou na TDT en Compostela, Deza e Tabeirós. Será a principal produtora desta canle con programas de información, opinión, cultura e deportes.
Imputado por narcotráfico un alto mando da Garda Civil. É unha exclusiva de El Diario
As xuntas electorais publican hoxe nos BOP as listas das eleccións municipais. Nestas ligazóns pódense consultar as das provincias da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.