O líder do PSOE, Pedro Sánchez, únese en Lugo á reivindicación dos servizos sanitarios pendentes para o HULA, prometidos por Feijóo en 2011. A campaña está impulsada por varios colectivos da cidade.
Fálase
O director da Guardia Civil, Fernández de Mesa, ameaza con demandar a Alberto Garzón (IU) por acusar o Instituto Armado de "asasinar inmigrantes no valado de Melilla". Recólleo El Diario
Irmandade TV comezará a emitir mañá desde Nós TV, que se pode sintonizar en R ou na TDT en Compostela, Deza e Tabeirós. Será a principal produtora desta canle con programas de información, opinión, cultura e deportes.
Imputado por narcotráfico un alto mando da Garda Civil. É unha exclusiva de El Diario
As xuntas electorais publican hoxe nos BOP as listas das eleccións municipais. Nestas ligazóns pódense consultar as das provincias da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.
A Coruña é a cidade galega onde máis investimentos se adxudican 'a dedo'. O actual alcalde, Carlos Negreira, criticou con dureza estes procedementos durante a súa etapa na oposición. Cóntao Faro de Vigo
O TSXG declara secreto o auto co que exculpou a Paula Prado no caso Pokémon. O alto tribunal argumenta que non se trata dun asunto público malia estar vinculado á súa xestión no Concello de Santiago. Cóntao El País Galicia
A plataforma que reclama os servizos pendentes no Hospital de Lugo inicia o reparto de camisolas e bandeirolas dentro da campaña #quenoncheroubenocorazon, que culminará coa manifestación do vindeiro 21 de maio
O secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, visita mañá Galicia. Participará en actos de precampaña xunto a José Ramón Gómez Besteiro en Foz, Lugo e Santiago, onde apoiará os candidatos socialistas nas municipais.
Persoal das subcontratas de Telefónica en folga leva as súas reivindicacións ante o Parlamento. Presidentes dos comités de empresa e representantes da CIG denuncian condicións de traballo "inhumanas".