Persoal das subcontratas de Telefónica en folga leva as súas reivindicacións ante o Parlamento. Presidentes dos comités de empresa e representantes da CIG denuncian condicións de traballo "inhumanas".
Fálase
A Marea Atlántica acepta os debates que propón o Colexio de Xornalistas. A plataforma cidadá di estar de acordo coa fórmula proposta tras as negativas ou condicións impostas polo PP para os cara a cara.
Ábrese o prazo de inscrición para o #InLugo15, o encontro sobre cultura dixital e redes en Lugo. Nesta ligazón pódense retirar as entradas debalde, que o pasado ano se esgotaron nunha hora.
Pablo Crespo reitera que manexou cartos negros no PP galego e asegura manexar "recibís" de pagos en 'B' a "políticos, xornalistas ou asesores". Nunha entrevista en Público o suposto número 2 da Gürtel asegura tamén que non sabía que Marcial Dorado era narcotraficante e que todo o seu labor como secretario de organización do PP de Galicia era coñecido pola dirección do partido.
O Concello de Lalín perde un novo pleito contra a Deputación de Lugo polo uso da marca Km0. O Supremo desestima as reclamacións do goberno lalinense e obrígao a pagar as costas do proceso.
A Xunta formaliza por 580.000 euros o contrato da nova campaña publicitaria para animar a poboación a ter fillos. O Goberno ofrecía ata 600.000 euros por este servizo.
A UE fai algunhas concesións a Italia para rescatar migrantes mentres ACNUR cifra en 800 as persoas mortas fronte ás costas de Libia
Duplícase a poboación galega con máis de 10 propiedades inmobiliarias dende o inicio da crise. Cóntao Faro de Vigo
Enésimo corte na autovía A-8 na provincia de Lugo por mor da néboa. Os vehículos non poden circular dende a nove da pasada noite.
Os mariñeiros galegos aos que Noruega nega a pensión maniféstanse de novo en Compostela, reclaman a España que demande o país nórdico ante o TEDH e chaman ao boicot dos seus produtos. Os afectados reclaman a implicación da Xunta e de Feijóo, tras o desleixo que denuncian do Goberno galego.