A Xunta formaliza por 580.000 euros o contrato da nova campaña publicitaria para animar a poboación a ter fillos. O Goberno ofrecía ata 600.000 euros por este servizo.
Fálase
A UE fai algunhas concesións a Italia para rescatar migrantes mentres ACNUR cifra en 800 as persoas mortas fronte ás costas de Libia
Duplícase a poboación galega con máis de 10 propiedades inmobiliarias dende o inicio da crise. Cóntao Faro de Vigo
Enésimo corte na autovía A-8 na provincia de Lugo por mor da néboa. Os vehículos non poden circular dende a nove da pasada noite.
Os mariñeiros galegos aos que Noruega nega a pensión maniféstanse de novo en Compostela, reclaman a España que demande o país nórdico ante o TEDH e chaman ao boicot dos seus produtos. Os afectados reclaman a implicación da Xunta e de Feijóo, tras o desleixo que denuncian do Goberno galego.
O deputado do PSdeG e ex ministro Francisco Caamaño deixa o seu escano no Parlamento para regresar á actividade universitaria. A súa renuncia responde a motivos "persoais", vén de explicar en rolda de prensa.
Feijóo equipara a Podemos cos "fariseos" e a Albert Rivera, con Luís XIV. Fíxoo nun almorzo informativo en Madrid no que non estivo arroupado por dirixentes da cúpula do PP, segundo La Información
O tracking electoral de Radio Coruña abre a porta a unha coalición de esquerdas na cidade. A nova edición da sondaxe elaborada pola Facultade de Socioloxía dálle 11 edís a Negreira, 6 a PSOE e Marea Atlántica e 2 ao BNG e a Ciudadanos. Os populares suman un edil e a Marea, outro, mentres que baixan as expectativas de C's e Unión Coruñesa a respecto do anterior estudo.
O programa Fort Apache, de Pablo Iglesias, debate sobre a "Europa das dúas velocidades" coa participación de, entre outros, Ana Miranda (BNG), Rafael Mayoral (Podemos) ou François Ralle (Front de Gauche)
O PP manteríase como primeira forza nas xerais pero perdendo uns 80 escanos, segundo unha sondaxe que hoxe publica El Periódico de Catalunya e que reflicte un empate técnico entre Podemos e PSOE.