El País Galicia publica máis detalles dos supostos enchufes no Concello da Coruña que revela o contido dos ordenadores do consistorio. Esas intervencións son as que implican a Jesús Vázquez nunha desas recomendacións.
Fálase
PSdeG, BNG, Anova e CxG celebran este sábado convencións coa vista posta nas eleccións municipais. A información, hoxe en Praza.
Leo Bassi chega mañá a Compostela coa súa misa "Patólica". As entradas poderanse retirar na Facultade de Historia dende as 4 da tarde.
A Xunta Electoral incoa unha sanción contra o alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz Rivas (PP) e a súa edil de Servizos Sociais por promocionar a denominada 'Feira da Educación' nas novas instalacións do mercado municipal en período electoral. A sanción chega por unha denuncia do BNG local.
PSdeG, BNG, Anova, EU e Podemos súmanse á declaración por un sistema sanitario igualitario, na que non participan o PP nin Ciudadanos. Recolleuno a TVG
O PSOE publica as declaracións de bens dos seus candidatos municipais no portal de transparencia do partido
Conde Roa comunícalle á xuíza do caso Pokémon que marcha vivir a Alemaña. Recólleo El Correo Gallego
A UE evita lanzar unha acción de rescate das persoas migrantes no Mediterráneo pero triplica os fondos para vixiar as costas. Cóntao El Diario
Feijóo reivindica a súa "lealdade" a Rajoy dende a Xunta en plena crise interna do partido. Recólleo Faro de Vigo
O ex conselleiro de Educación e candidato popular en Ourense pediu un enchufe para un "defensor" do PP, segundo consta na investigación da Pokémon e recolle El País Galicia. A xuíza vén de pedirlle a Facenda datos sobre Jesús Vázquez.