La Voz publica a súa enquisa sobre as eleccións municipais, que debuxa un escenario nas cidades no que só habería maiorías absolutas en Vigo, do PSdeG e Pontevedra, do BNG. Na Coruña Negreira precisaría a Ciudadanos para gobernar e en Santiago, Compostela Aberta podería liderar un pacto de esquerdas. En Lugo PP e PSdeG empatarían a 11 edís e en Ferrol os populares seguirían en cabeza, pero sen a absoluta.
