Pedro Sánchez anunciou este xoves a presentación da súa candidatura a liderar o PSOE, co apoio de vellos líderes do partido, como José Bono. Este venres Eduardo Madina presentará a súa candidatura.
Fálase
A CEOE demanda unha restrición do dereito de folga, no marco dunha ofensiva xudicial contra os piquetes informativos. Hai 55 procesos abertos contra 200 persoas por participar nestas accións.
Estados Unidos valoran levar a cabo ataques aéreos en Iraq para frear o avance das tropas yihadistas
A esta hora celébrase en Compostela a retranqueira mobilización convocada polo "Partido Froilanista". (foto: @denisfmendez)
Rajoy visita un centro científico por primeira vez dende a súa chegada ao poder. Cóntao Materia.
O Sergas confirma un brote de sarna no hospital de Lugo. En El País
A Esquerda Plural, como ERC, BNG, Compromís-Equo, Geroa bai e Amaiur, non asistirán á cerimonia de proclamación de Felipe de Borbón como novo rei. Cóntao El Diario.
A CIG presentou este xoves na Audiencia Nacional a anunciada querela criminal contra os ex-directivos das caixas de aforros galegas pola emisión de participacións preferentes.
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público concéntrase a esta hora ante o Consello Escolar de Galicia para reclamar a paralización dos currículos da LOMCE
A Xunta nomea embaixador vitalicio do Camiño de Santiago o seleccionador español de fútbol, Vicente del Bosque. O anterior galardoado foi Felipe de Borbón. Feijóo "aproveita o anuncio para desexarlle, tanto ao adestrador como á selección española de fútbol, toda clase de sorte no mundial que se inicia hoxe".