O Sergas confirma un brote de sarna no hospital de Lugo. En El País
Fálase
A Esquerda Plural, como ERC, BNG, Compromís-Equo, Geroa bai e Amaiur, non asistirán á cerimonia de proclamación de Felipe de Borbón como novo rei. Cóntao El Diario.
A CIG presentou este xoves na Audiencia Nacional a anunciada querela criminal contra os ex-directivos das caixas de aforros galegas pola emisión de participacións preferentes.
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público concéntrase a esta hora ante o Consello Escolar de Galicia para reclamar a paralización dos currículos da LOMCE
A Xunta nomea embaixador vitalicio do Camiño de Santiago o seleccionador español de fútbol, Vicente del Bosque. O anterior galardoado foi Felipe de Borbón. Feijóo "aproveita o anuncio para desexarlle, tanto ao adestrador como á selección española de fútbol, toda clase de sorte no mundial que se inicia hoxe".
O semanario Sermos Galiza chega este xoves aos seus primeiros 100 números coa "vocación de reforzar o espazo galego de comunicación"
La Voz de Galicia entrevista a deputada ferrolá do PSdeG-PSOE, Paloma Rodríguez, que ao igual que Guillem García non quixo participar na votación sobre a sucesión monárquica para respectar o seu "profundo espírito republicano" e a posición manifestada pola agrupación local do partido.
Dúas listas competirán por pilotar a asemblea fundacional de Podemos en outono. A proposta por Pablo Iglesias competirá cando menos con outra promovida polo círculo Enfermeiras.
Lidia Senra (AGEe) e outras 67 eurodeputadas e eurodeputados asinan unha declaración para demandar un referendo no Estado español sobre a xefatura do Estado. Tamén se esixe o respecto ao dereito a decidir dos pobos que conforman a realidade plurinacional do Estado
De Cospedal aproveita o debate sobre a abdicación do rei para rexistrar a súa proposta de recorte de deputados en Castilla-La Mancha. Mentres, en Galicia, o PP avanza na tramitación da súa propia tesoirada, tamén en solitario.