Unha concentración solidarízase en Compostela coa consulta e o dereito de autodeterminación de Catalunya (foto: BNG)

Unha concentración solidarízase en Compostela coa consulta e o dereito de autodeterminación de Catalunya (foto: BNG)
O Sergas cita un neno ao que lle negara o tratamento despois de que a familia llo pedise á Casa Real. Cóntao El País
Milleiros de persoas maniféstanse en múltiples localidades de Catalunya contra a suspensión da consulta polo TC e na defensa do dereito de autodeterminación. Está a contalo Vilaweb
O profesor da Universidade de Vigo Fernando Ramallo convértese no primeiro membro galego (e terceiro español) no Comité de Expertos sobre linguas rexionais e minoritarias do Consello de Europa, encargado de velar polo cumprimento da Carta Europea das Linguas Minoritarias
O goberno catalán paraliza "de forma temporal" a campaña institucional do 9N. Porén, o seu portavoz, Francesc Homs, asegura que "onte non rematou a partida" e advirte de que a Generalitat fará todo o posible para que o Tribunal Constitucional levante o veto á consulta.
Traballadores do Canal 24h protestan en directo pola conxelación do orzamento de TVE
#PGE2015 Galicia terá 1.385 millóns de investimento estatal en 2015, un 2,1% máis que en 2014 e un 18% menos que nos primeiros orzamentos de Rajoy. A información, hoxe en Praza.
O PSOE endurece coas súas propostas no Senado a Lei de Propiedade Intelectual. Os socialistas piden a volta do canon dixital nos soportes de gravación e de almacenamento, declarado ilegal polo Tribunal de Xustiza da UE. Tamén propoñen que se poida actuar contra os "usuarios de boa fe", os que compartan materiais na rede sen fins comerciais
A Deputación de Ourense terá que devolver finalmente 5 millóns por irregularidades vinculadas aos fondos europeos. Facenda reduce a cantidade á metade ao compensar os 10 millóns con débedas que o Estado tiña coa institución ourensá.
Esta mañá o Goberno central presenta os Orzamentos Xerais do Estado para 2015. El Diario está a seguir a presentación en directo. A información sobre as repercusións das contas en Galicia, hoxe en Praza.