A Deputación de Ourense terá que devolver finalmente 5 millóns por irregularidades vinculadas aos fondos europeos. Facenda reduce a cantidade á metade ao compensar os 10 millóns con débedas que o Estado tiña coa institución ourensá.

A Deputación de Ourense terá que devolver finalmente 5 millóns por irregularidades vinculadas aos fondos europeos. Facenda reduce a cantidade á metade ao compensar os 10 millóns con débedas que o Estado tiña coa institución ourensá.
Esta mañá o Goberno central presenta os Orzamentos Xerais do Estado para 2015. El Diario está a seguir a presentación en directo. A información sobre as repercusións das contas en Galicia, hoxe en Praza.
A xuíza condena o Ateneo Ferrolán a pagarlle a Mudanzas Félix a débeda de 38 mil euros, sen ter en conta a responsabilidade e o compromiso de pagamento adquirido polo Concello. A entidade cultural baralla recorrer a sentenza ou demandar o propio Concello pola cantidade adebedada.
Antonio Turiel (CSIC) participa no relatorio sobre Enerxía do Parlamento vasco sinalando "a imposibilidade física" de continuar a este ritmo actual de consumo e destacando que "a fin do capitalismo non é a fin do mundo"
A fiscalía considera que Cristina Cifuentes usou a "liberdade de expresión" cando chamou "filoetarra" a Ada Colau. O xuízo quedou listo para sentenza.
A Xunta evita poñerlles data a novas fusións municipais, pois ve o proceso "lento". Rueda recoñece que chocan coa oposición dos alcaldes
Artur Mas critica o Tribunal Constitucional e a Rajoy pola súa acción "supersónica". O TC asegura que acelerou a súa resposta pola "trascendencia constitucional e política" do reto
O Tribunal Constitucional suspende por unanimidade a consulta catalá. Admite o recurso do Goberno e terá cinco meses para decidir se a mantén interrompida. A ANC, CUP ou ERC mobilizaranse nas vindeiras horas contra a suspensión.
O recibo da luz subiu un 11% no terceiro trimestre. O de setembro foi o prezo máis alto dos últimos dez meses. Recólleo El Diario
Rajoy anuncia o recurso contra a consulta catalá por "antidemocrática" e acusa a Mas de chegar a "un punto de non retorno".