Milleiros de persoas maniféstanse xa en Compostela a prol do sector do mar malia á chuvia e a sarabia. A información, hoxe en Praza.
Fálase
A militancia do PSOE está convocada este sábado para votar o pacto con Ciudadanos. Unhas 13.000 persoas rexistráronse para votar por internet.
Denuncian atrasos de 8 meses no pagamento de axudas da Xunta para o alugueiro. Recólleo Faro de Vigo
Boa parte de Galicia amenceu nevada este sábado. A alerta por nevaradas continúa durante toda a xornada en amplas zonas do país.
O Concello da Coruña paraliza un proceso selectivo da Policía Local tras detectar, ao fío dun aviso por Rexistro, "unha grave irregularidade, como é a aparición de marcas na resposta correcta de 13 das 120 preguntas do exame escrito", tipo test. O tribunal da oposición foi convocado para o vindeiro luns.
Iñigo Sáenz de Ugarte analiza as eleccións, de incerto resultado, que se celebran este venres en Irlanda. Fine Gael e laboristas, que gobernan en coalición dende o 2011, poden sufrir grandes descensos, aproveitados por Fianna Fáil e, sobre todo, por Sinn Féin. O resultado, sen maiorías claras, podería levar a un pacto entre as dúas grandes forzas tradicionais do país, Fianna Fáil e Fine Gael, ou mesmo á celebración de novos comicios.
Vai nevar no teu concello esta fin de semana? 4gotas.com amósao neste mapa
O New York Times analiza os riscos para a liberdade de expresión en España e Europa e a aplicación contra ela das normas antiterroristas ao fío do caso dos titiriteiros de Madrid.
Ciudadanos volve equiparar a violencia de xénero coa violencia doméstica.
A Xunta volve pechar ao marisqueo a ría do Burgo polo alto nivel de hidrocarburos. Recólleo La Opinión