#ÚLTIMAHORA Xosé López Orozco confirma que renuncia á súa acta de concelleiro en Lugo e Lara Méndez optará á alcaldía polo PSdeG. Toda a información e as reaccións, esta mañá en Praza.
Fálase
#ULTIMAHORA Xosé López Orozco comparecerá ás 11:30 ante a prensa para "dar conta de novidades da actualidade política". Fontes consultadas por Praza sinalan que o alcalde de Lugo en funcións podería anunciar a súa retirada para facilitar un pacto de esquerdas na cidade con Lugonovo e o BNG, que esixían a súa marcha.
José López Orozco afirma, despois de reunirse este mércores con Gómez Besteiro, que "por suposto" segue sendo o candidato do PSdeG-PSOE á alcaldía de Lugo. Lugonovo, BNG e ACE xa anunciaron que na investidures deste sábado non votarán polo actual rexedor, pero si por outro candidato que poidan presentar os socialistas.
Cargos públicos de Podemos, entre eles Pablo Echenique ou Beatriz Gimeno, asinan o manifesto Abrindo Podemos, que aposta por procesos de cooperación con outras forzas, reclama máis pluralismo interno e a recuperación de propostas coma a renda básica ou a auditoría da débeda
Kant, Platón, textos sobre a adicción aos videoxogos ou sobre a pobreza na crise, ou fragmentos de Agustín Fernández Paz e Manuel Dios, presentes na primeira xornada dos exames de selectividade, que tivo lugar este mércores.
O BNG reclamará presidir a Deputación da Coruña para apoiar o PSdeG-PSOE nas de Pontevedra e Lugo, destaca La Opinión. Carlos Aymerich facía esta mesma reclamación no artigo que onte publicou en Praza
Despois de dous aprazamentos, por mor da oposición dos seus propietarios, amigos e familiares, finalmente iniciouse a demolición da vivenda de Reza (Ourense)
Centos de persoas participan en Vigo na homenaxe aos avogados laboralistas Elvira Landín e Fernando Randulfe, nun acto no que tamén estivo presente Manuela Carmena, próxima alcaldesa de Madrid
Pallasos en Rebeldía celebra galas en Madrid e Barcelona para apoiar a 'Frotiña da liberdade' que procura rachar co bloqueo israelí en Gaza.
O número 2 do BNG de Ordes recibe unha carta ameazante instándoo a abandonar a política para "non arruinar a súa vida profesional e persoal". Recóllea Xornal Lindeiros