Iran ameaza con atacar as bases estadounidenses no Golfo se é atacado por Israel
Fálase
Finaliza a xornada na Segunda B e na Terceira División. Ourense e Coruxo empataron no Couto no derbi galego da categoria de bronce. Na terceira o Rácing de Ferrol mantense como lider en solitario.
Alondras 2-0 Bergantiños
Céltiga 2-1 Narón
Cerceda 2-1 Barbadás
Deportivo B 3-0 As Pontes
Betanzos 2-1 Compostela
Negreira 3-1 Pontevedra
Racing Vilalbés 0-1 Celta B
Rápido de Bouzas 1-1 Ordes
Vilalonga 1-0 Dorneda
Somozas 1-2 Racing de FerrolCiU, ERC, ICV e SI presentarán unha proclama soberanista esta semana no Paralamento catalán. Ao tempo que ARA informa de que o secretario xeral do PSC ábrese a aceptar unha consulta independentista e de que ICV tenta achegar os socialistas ao consenso pola autodeterminación.
Galiza Nova e os Comités convocan unha folga estudantil o 17 de outubro “para frear os ataques do PP ao ensino público galego"
Francisco Rodriguez agradece en twitter o "apoio, cariño e confianza" recibidos e afirma que "hoxe toca descansar".
El Diario denuncia que a obsesión policial pola convocatoria do 25-S "comprometeu a seguridade deo MTV Madrid Beach"
Eduardo Madina, Carme Chacón, Tomás Gómez e Patxi López son os candidatos alternativos a Rubalcaba preferidos polas bases do PSOE, segundo un barómetro interno do partido, que analiza Público.
O Concello de Muíños non organizará unha corrida de touros este ano, como viña facendo. Segundo Galicia mellor sen touradas, o motivo é que o goberno municipal decidiu retirarlle a sobvención que permitia a celebración do evento.
O PSdeG pedirá a dimisión de Francisco Rodríguez se non toma a iniciativa de deixar o cargo. "Paco é un bo home pero moi mal aconsellado e seguro que determinadas personas do seu entorno lle van pedir que se aferre á alcaldía", publica o Faro de Vigo citando fontes socialistas.
El Periodico informa de que CiU xa reservou o Palau San Jordi para varias datas nos vindeiros meses co obxectivo de asegurar o escenario para o mitin final dunha campaña electoral. Os comicios poderian adiantarse ao 25 de novembro.