Colau e Domènech presentan Un País en Comú, a nova formación catalá, e insisten na súa aposta polo referendo e a loita contra os "recortes criminais".

Colau e Domènech presentan Un País en Comú, a nova formación catalá, e insisten na súa aposta polo referendo e a loita contra os "recortes criminais".
Hamon vence a Valls nas primarias e será o candidato socialista á presidencia de Francia. As enquisas indican que, no entanto, non terá un papel relevante nos comicios.
A xustiza ordena reabrir o caso dos insultos machistas a Carmela Silva. Unha xuíza de violencia de xénero considerara "liberdade de expresión" chamar "mala zorra", "furcia", "hija de puta" e "sinvergüenza" á presidenta da Deputación de Pontevedra, como fixera o edil do PP de Moraña que dimitiu por este motivo
Novo asasinato machista en Galicia. Un home mata a súa muller a coiteladas no Carballiño e as forzas de seguridade evitan que se suicide. O mes pasado, dúas persoas foron asasinadas por violencia de xénero no país.
Beatriz Mato di que "a xente cre que a auga da billa cae do ceo, e non é así". Asegúrao nunha entrevista en La Voz, na que analiza a época de seca que sofre Galicia.
A Xunta elimina máis de 2.700 interinos da lista de substitucións por rexeitar a praza. Durante doce meses non son chamados para outro traballo.
Unha xuíz bloquea parte do veto de Trump a cidadáns de sete países musulmáns. É unha medida temporal que só evita a deportación de decenas de persoas que aterraron nos EUA cando a orde entrar en vigor durante os seus voos. Centos de persoas maniféstanse nos aeroportos.
Trump veta a entrada nos EUA a cidadáns de sete países musulmáns para "protexerse dos terroristas". Non haberá visados para persoas procedentes de Irán, Siria, Iraq, Somalia, Sudán, Iemen e Libia.
A CUP avalará os orzamentos en Catalunya, o que facilita a opción do referendo en 2017. Dará dous votos afirmativos e optará por oito abstencións para tirar adiante as contas.
Pedro Sánchez presentarase ás primarias do PSOE. Vén de anunciar a súa candidatura á secretaría xeral do PSOE nun mitin ante 1.500 persoas en Sevilla.