Beatriz Mato di que "a xente cre que a auga da billa cae do ceo, e non é así". Asegúrao nunha entrevista en La Voz, na que analiza a época de seca que sofre Galicia.
Fálase
A Xunta elimina máis de 2.700 interinos da lista de substitucións por rexeitar a praza. Durante doce meses non son chamados para outro traballo.
Unha xuíz bloquea parte do veto de Trump a cidadáns de sete países musulmáns. É unha medida temporal que só evita a deportación de decenas de persoas que aterraron nos EUA cando a orde entrar en vigor durante os seus voos. Centos de persoas maniféstanse nos aeroportos.
Trump veta a entrada nos EUA a cidadáns de sete países musulmáns para "protexerse dos terroristas". Non haberá visados para persoas procedentes de Irán, Siria, Iraq, Somalia, Sudán, Iemen e Libia.
A CUP avalará os orzamentos en Catalunya, o que facilita a opción do referendo en 2017. Dará dous votos afirmativos e optará por oito abstencións para tirar adiante as contas.
Pedro Sánchez presentarase ás primarias do PSOE. Vén de anunciar a súa candidatura á secretaría xeral do PSOE nun mitin ante 1.500 persoas en Sevilla.
Unhas 2.000 persoas maniféstanse en Compostela en defensa do sistema público de pensións. Consideran que este é "perfectamente viable" se poñen en marcha unhas políticas laborais "distintas". Foto de @galizaCIG.
O conselleiro de Educación anuncia mil prazas docentes en Infantil, Primaria e Secundaria. A Xunta di que pretende chegar, polo menos, ao 100% da taxa de reposición de efectivos.
O PSOE desvela que Louzán gastou 9.071 euros a cargo da Deputación nunha cea no Ritz. Santos Héctor, secretario provincial dos socialistas, asegura que o anterior goberno provincial de Pontevedra "só ía a Fitur para pagar comilonas e aloxarse no Ritz".
O pleno do Concello de Lalín aproba declarar "persoa non grata" o ex-ministro Federico Trillo pola xestión do accidente do Yak-42, no que faleceu un veciño da vila